miércoles, 25 de febrero de 2009

CLUB MOTOCICLISTA TEO

EXAMENES E SEMINARIO PARA CARGOS OFICIAIS 2009


O sábado día 28 de febreiro a Federación Galega de Motociclismo organiza un Seminario e convocatoria de Exámenes para a obtención de titulacións de Cargos Oficiais.

Os clubs interesados deben remitir á FGM a relación de persoas que se van a presentar os Exámenes, indicando: nome e apelidos, núm do DNI, enderezo, teléfono, e as titulacións ás que teñen previsto presentarse (director de competición, comisario deportivo, comisario técnico, cronometrador e xuiz de trial).

Os clubs que teñan solicitadas competicions puntuables para os Ctos. Galegos 2009 e que non dispoñan de Cargos Oficiais, teñen a obrigatoriedade de presentar a estos exámenes un mínimo de persoas necesarias para a organización e control dunha competición.


Horarios: SEMINARIO: Sábado 28 de febreiro as 9:30 h.
EXAMENES: Sábado 28 de febreiro as 16:00 h.

Lugar: EDIFICIO FEDERACIONS DEPORTIVAS
R/ Fotografo Luis Ksado, 17
36209 VIGO

Nota: as persoas que se presenten os exámenes deberán traer o DNI e ser puntuais.

domingo, 22 de febrero de 2009

EVENTOS MARZO

8 MARZO - MUXIA
EXCURSION TRIALERA

29 MARZO - VILAGARCIA DE AROUSA
CTO. DE ESPAÑA - FEMINAS Y TR3

jueves, 19 de febrero de 2009

FUNDACION COMPOSTELA DEPORTE

Colabora e axuda ó teu club.

A Fundación Compostela Deporte, vai por en marcha unha campaña de axuda a clubes deportivos, na que o club pode conseguir cartos de unha manera sinxela.

Despois dunha campaña de captación de colaboradores a Fundación dispón de 1040 agasallos e descontos en establecementos comerciais que van dende os 5 euros ós 250 e descontos dende o 5%. Dentro dos agasallos contan cun ordenador portatil, bicicleta, etc...

A campaña consiste en vender uns RASCAS nos que todos teñen premio ben un agasallo ou o desconto nos establecementos, e o precio e de 1€, os cartos que se recauden son integramente para o CLUB MOTOCICLISTA TEO.

Os rascas veñen en talonarios de 25, co cal si cada socio (40) do club comprometese a vender un talonario, xuntarémos 1000 euros.

¿DONDE VENDELO?, no teu bar, café, tenda, gasolineira, panaderia, habitual. Ou ben a 5 familiares, 5 compañeiros de traballo, 5 amigos teus, 5 amigos da muller e os outros 5 gardalos para ti.

lunes, 16 de febrero de 2009

SOCIOS PROTECTORES

O Club comenza unha captación de socios colaboradores, si ti tes unha empresa e queres colaborar cun club do teu concello ou simplemente contribuir, co fomento do deporte, natureza, colabora con nos.

SOCIO PROTECTOR
CLUB MOTOCICLISTA TEO
50 Euros anuais.
O nome da tua empresa aparecerá no noso Blog, asi como na publicidade das actividades que fagamos.
¡¡¡ COLABORA !!!

CAMPIONATO GALEGO DE TRIAL - 2009

Entrimo - 1 de 9

Comenzo da tempada con grandes resultados por parte dos pilotos do Club Motociclista Teo, con dous podiums, nas categorias promoción e cadete.

PROMOCIÓN
A carreira comenzaba coas verificacións tecnicas e administrativas as 9:00, os primeiros participantes en tomar a saida foron Alfonso Montoto e Juan Abelleira, que na categoria de promoción ian inaugurar as 10 zonas que tiñan preparadas os organizadores do CLUB TRIAL ENTRIMO. Durante toda a primeira volta os pilotos foronse afianzando a categoria é o ritmo de competición, rematando a primeira volta cun empate a 13 puntos os nosos pilotos e a 4 puntos do primeiro nesta primeira volta.

Na segunda volta a inexperiencia fixo que o nerviosismo, provocado polo ambiente, baixara o rendemento de Juan e Alfonso. Na clasificación final JUAN ABELLEIRA alcanzaria un excelente 3 posto sumando os seus primeiros 16 puntos para a xeral e ALFONSO no 5 posto suma 11 na sua conta particular.
O remate da carreira o balance dos pilotos foi moi positivo xa que tratábase do seu debut en competición oficial, e os nervios pasaron factura, non obstante de cara a próxima carreira tratarán de mellorar o resultado.

CADETE
Carlos Ordoñez tomaba a saida nunha categoria de cadetes que este ano vai ser dura, moi dura. Carlos comenzaba o seu particular trial dando conta das duras zonas, nas que na primeira volta entregaba unha tarxeta de 41 penalizacións, mellorando na segunda volta ata os 39, que serian suficientes para conquerir o seu primeiro podium do ano na categoria, e có seu 3 posto conseguir os primeiros 16 puntos.

Carlos comentounos que tivera que traballar moito e o cansancio fixo que o seu rendemento baixara moito na segunda volta.
VETERANOS
A gran incognita que tiñan os pilotos do clube era saber que nivel de zonas ian atopar no seu debut na categoria de Veteranos, tras o estudio das zonas o día antes, coincidian en que a dificultade das zoas era grande, e o desgaste fisico ia pasar factura xa que as zoas, ian ser todas moi tecnicas e requerian de moitas colocacións.
Na primeira volta CARLOS, presentaba unha tarxeta con 15 penalizacións, fronte as 26 de CASIMIRO, para rematar a segunda volta con 13 e 16 respectivamente, acadando finalmente a 8 e 11 plazas na xeral.

Valoracións.
Casimiro.
A miña valoración e moi positiva, co nivel que teñen os pilotos da categoria e moi dificil obtar a ir mais adiante na clasificación pero eu atopeime moi comodo co nivel das zonas e con mais entrenamento intentarei conquerir mellores resultados.
Carlos.
O nivel técnico encantoume, pero isto tamén fixo que en algunhas zonas me costara chegar o final, xa que exigeu unha boa forma física, para futuras probas penso que isto mesmo vai xogar un papel importante. O trial en si estivo moi ben organizado, quizais a interzona en algúns tramos non estivo ben sinalizada.
DENDE O NOS BLOG, QUEREMOS FELICITAR O CLUB TRIAL ENTRIMO, XA QUE NOS PARECEU UN TRIAL MOI BEN MARCADO E NUNHA PARAXE DE LUXO PARA A PRACTICA DO TRIAL.
E A TODOS DECIRVOS QUE NOS VEMOS EN MOAÑA O 10 DE MAIO.

miércoles, 11 de febrero de 2009

CURSILLO DE TRIAL

¡¡¡APLAZADO!!!
Reserva a túa praza ó clubmotociclistateo@hotmail.com

O vindeiro sábado 21 de Febreiro, farémos o 2 cursillo de trial, pra socios do motoclube, o nivel é básico, equilibrio, desprazamento, parada, etc....

O lugar aínda está sen confirmar, e o horario e de 15:30 a 19:00.

Terán preferencia para facer o curso aqueles que non fixeran o primeiro.

domingo, 8 de febrero de 2009

CONCURSO FOTOGRAFIA

Convocamos un concurso de fotografía, en donde el tema de las fotografías tiene que guardar relación con el Trial.
Las fotos para ser admitidas al concurso tienen que ser enviadas al correo electrónico del Motoclub - clubmotociclistateo@hotmail.com, acompañando un breve comentario del tema fotografiado, lugar y protagonista.
El concurso está abierto hasta el 1 de diciembre de 2009, en donde podéis mandar todas las fotos sin limite. Publicaremos en el blog todas las fotos seleccionadas para participar en el concurso mensualmente.

En el mes de diciembre un jurado de expertos valorará todos los trabajos del que saldrá el ganador.

El premio de este concurso guardará relación con el TRIAL y se hará entrega durante la cena de Navidad.

¡¡¡ A DISPARAR !!!

lunes, 2 de febrero de 2009

PILOTOS CLUB MOTOCICLISTA TEO

Carlos Ordoñez Burés

Rianxo (1996), dende ben pequeno seu pai foi metendolle no corpo a afición o trial, a temporada 2009 vai ser a súa cuarta tempada participando no Campionato galego de Trial, no que o seu millor resultado xeral foi o 4 posto.

Carlos participará na categoria CADETE, que este ano como novidade terán como pasos obrigados as frechas verdes nas zonas.

Dende o Club Motociclista Teo, agradecemos a eleccion do piloto de participar baixo o nome do noso Club e desexamolle o millor para esta nova tempada.


Carlos Waldomar Caamaño

Carnota (1974), piloto de vocación tardia que no seu paso polo trialsin motivouno a probar no trial.

A tempada pasada foi o seu debut no Campionato galego na categoria de promoción acadando un meritorio 4 lugar na xeral, este ano formará parte do Club Motociclista Teo na categoria de Veterano.


Casimiro García González

Boiro (1969), vive enganchado o trial dende que hai 5 anos comenzou a sua experiencia neste mundillo.

Despois dunha etapa de 3 anos de mochilero participando no Campionato de España é Autonómico, a tempada pasada inicia a súa traxectoria como piloto na categoria de Promoción, acadando o 8 posto na xeral. A tempada 2009, partipa na categoria de Veterano.


Juan Abelleira Seoane

Teo (1977), do mundo das excursións ó Campionato Galego de Trial, vai ser o seu primeiro ano de piloto, participa na categoria de Promoción, e desexamos que a tempada lle sexa o mais positiva posible.


Alfonso Seoane Montoto

Teo (1974), motero dende que deixou a "mili", rutero de trial que non se perde unha das excursions que se programan en Galicia, e agora da un paso adiante e comprometese a loitar polo Club Motociclista Teo, no Campionato Galego de Trial, no que vai sair a gañar dende o primeiro día.


Juan Ordoñez (mochilero)
Ricardo Martinez (mochilero)


O Club Motociclista Teo, desexavos o millor para esta tempada que iniciades. ¡¡¡ SORTE !!!

domingo, 1 de febrero de 2009

¡¡¡ SOMOS 40 !!!

VENTO EN POPA E A TODA VELA


O pasado día 26 de xaneiro o Club Motociclista Teo, cumpleu 2 meses dende a súa creación, somos 40 socios e ainda faltan moitos que tiñan que estar pero ainda non maduraron a decisión.

Chaquetas Moto Club, Curso de trial, Excursion-Comida Montiñon .......

Todolos sabados pola tarde, os integrantes do equipo de trial saimos a entrenar si algún socio quere participar nestos entrenamentos, so ten que poñerse en contacto para saber a hora e lugar de saida. ¡ANIMAROS!

VEÑA TRABALLADE UN POUCO E HABER SI ENTRE TODOS CONSEGUIMOS CHEGAR OS 50 SOCIOS.