Comenzo da tempada con grandes resultados por parte dos pilotos do Club Motociclista Teo, con dous podiums, nas categorias promoción e cadete.
PROMOCIÓN
A carreira comenzaba coas verificacións tecnicas e administrativas as 9:00, os primeiros participantes en tomar a saida foron Alfonso Montoto e Juan Abelleira, que na categoria de promoción ian inaugurar as 10 zonas que tiñan preparadas os organizadores do CLUB TRIAL ENTRIMO. Durante toda a primeira volta os pilotos foronse afianzando a categoria é o ritmo de competición, rematando a primeira volta cun empate a 13 puntos os nosos pilotos e a 4 puntos do primeiro nesta primeira volta.

O remate da carreira o balance dos pilotos foi moi positivo xa que tratábase do seu debut en competición oficial, e os nervios pasaron factura, non obstante de cara a próxima carreira tratarán de mellorar o resultado.
CADETE
Carlos Ordoñez tomaba a saida nunha categoria de cadetes que este ano vai ser dura, moi dura. Carlos comenzaba o seu particular trial dando conta das duras zonas, nas que na primeira volta entregaba unha tarxeta de 41 penalizacións, mellorando na segunda volta ata os 39, que serian suficientes para conquerir o seu primeiro podium do ano na categoria, e có seu 3 posto conseguir os primeiros 16 puntos.

Carlos comentounos que tivera que traballar moito e o cansancio fixo que o seu rendemento baixara moito na segunda volta.
VETERANOS
A gran incognita que tiñan os pilotos do clube era saber que nivel de zonas ian atopar no seu debut na categoria de Veteranos, tras o estudio das zonas o día antes, coincidian en que a dificultade das zoas era grande, e o desgaste fisico ia pasar factura xa que as zoas, ian ser todas moi tecnicas e requerian de moitas colocacións.

Na primeira volta CARLOS, presentaba unha tarxeta con 15 penalizacións, fronte as 26 de CASIMIRO, para rematar a segunda volta con 13 e 16 respectivamente, acadando finalmente a 8 e 11 plazas na xeral.

Valoracións.
Casimiro.
A miña valoración e moi positiva, co nivel que teñen os pilotos da categoria e moi dificil obtar a ir mais adiante na clasificación pero eu atopeime moi comodo co nivel das zonas e con mais entrenamento intentarei conquerir mellores resultados.
Carlos.
O nivel técnico encantoume, pero isto tamén fixo que en algunhas zonas me costara chegar o final, xa que exigeu unha boa forma física, para futuras probas penso que isto mesmo vai xogar un papel importante. O trial en si estivo moi ben organizado, quizais a interzona en algúns tramos non estivo ben sinalizada.
O nivel técnico encantoume, pero isto tamén fixo que en algunhas zonas me costara chegar o final, xa que exigeu unha boa forma física, para futuras probas penso que isto mesmo vai xogar un papel importante. O trial en si estivo moi ben organizado, quizais a interzona en algúns tramos non estivo ben sinalizada.
DENDE O NOS BLOG, QUEREMOS FELICITAR O CLUB TRIAL ENTRIMO, XA QUE NOS PARECEU UN TRIAL MOI BEN MARCADO E NUNHA PARAXE DE LUXO PARA A PRACTICA DO TRIAL.
E A TODOS DECIRVOS QUE NOS VEMOS EN MOAÑA O 10 DE MAIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario