lunes, 2 de febrero de 2009

PILOTOS CLUB MOTOCICLISTA TEO

Carlos Ordoñez Burés

Rianxo (1996), dende ben pequeno seu pai foi metendolle no corpo a afición o trial, a temporada 2009 vai ser a súa cuarta tempada participando no Campionato galego de Trial, no que o seu millor resultado xeral foi o 4 posto.

Carlos participará na categoria CADETE, que este ano como novidade terán como pasos obrigados as frechas verdes nas zonas.

Dende o Club Motociclista Teo, agradecemos a eleccion do piloto de participar baixo o nome do noso Club e desexamolle o millor para esta nova tempada.


Carlos Waldomar Caamaño

Carnota (1974), piloto de vocación tardia que no seu paso polo trialsin motivouno a probar no trial.

A tempada pasada foi o seu debut no Campionato galego na categoria de promoción acadando un meritorio 4 lugar na xeral, este ano formará parte do Club Motociclista Teo na categoria de Veterano.


Casimiro García González

Boiro (1969), vive enganchado o trial dende que hai 5 anos comenzou a sua experiencia neste mundillo.

Despois dunha etapa de 3 anos de mochilero participando no Campionato de España é Autonómico, a tempada pasada inicia a súa traxectoria como piloto na categoria de Promoción, acadando o 8 posto na xeral. A tempada 2009, partipa na categoria de Veterano.


Juan Abelleira Seoane

Teo (1977), do mundo das excursións ó Campionato Galego de Trial, vai ser o seu primeiro ano de piloto, participa na categoria de Promoción, e desexamos que a tempada lle sexa o mais positiva posible.


Alfonso Seoane Montoto

Teo (1974), motero dende que deixou a "mili", rutero de trial que non se perde unha das excursions que se programan en Galicia, e agora da un paso adiante e comprometese a loitar polo Club Motociclista Teo, no Campionato Galego de Trial, no que vai sair a gañar dende o primeiro día.


Juan Ordoñez (mochilero)
Ricardo Martinez (mochilero)


O Club Motociclista Teo, desexavos o millor para esta tempada que iniciades. ¡¡¡ SORTE !!!