Campionato Galego de Trial
O vindeiro domingo 10 de maio, terá lugar en Guláns - Ponteareas, a segunda proba puntuable para o campionato galego de trial.
Os pilotos do Clube, tratarán de superar os resultados da primeira en donde na categoria de Veteranos con 23 participantes Carlos e Casimiro acadaron o 9-11 posto na clasificación.
Na categoria Cadete, Carlos terá unha dura pugna para subir o podium e tratar de igualar o magnifico resultado da primeira carreira onde rematou 3.
En promoción os nosos pilotos nesta ocasión vano ter maís difícil xa que a categoria conta con dous novos participantes co cal tomarán a saida 7 participantes, seguro que eles poñen todo da sua parte para igualar ou superar os resultados da primeira carreira onde Juan fixera 3 e Alfonso 5.
SORTE PARA TODOS.
Si algún socio quere desprazarse ata o trial, debe chegar a Ponteareas pola antiga carretera nacional 120, antes de entrar na vila como 1 km, desviarse a dereita dirección Guláns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario