viernes, 22 de mayo de 2009

COPA GALEGA TRIAL INFANTIL 2009

INFORMACIÓN.

A Federación Galega de Motociclismo convoca a Copa Galega de Trial Infantil de acordo co regulamento do Cto. Galego de Trial a excepción dos seguintes:

INSCRICIONS: O prazo de admisión das inscricions para as competición puntuables pecharase 10 días antes da proba. As inscricións deben formalizarse nos boletins que subministra a F.G.M. ou club organizador e deberán ser remitidas á F.G.M. Os dereitos de inscrición son gratuitos

LICENZAS: Poderán participar nesta copa os pilotos que posúan a licenza da F.G.M. do ano en curso das categorías Alevín e Xuvenil que puntuarán por separado. As licenzas de Alevíns expediranse a pilotos nacidos en 1998, 99, 2000, 01, 02 e 2003. As licenzas de Xuvenís expediranse a pilotos nacidos en 1996, 97 e 1998.

MOTOCICLETAS ADMITIDAS: Poderá participar nesta copa calquera motocicleta aceptada polos regulamentos F.I.M., R.F.M.E., e F.G.M., para a práctica de Trial nas seguintes cilindradas:

Alevins: ata 50 c.c. automáticas

Xuvenís: 80 c.c. e 125 c.c.

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS: A orde de saída será sorteada, e tomarán primeiro a saída os pilotos Alevíns e logo os Xuvenís. As probas puntuables para esta copa celebraranse a poder ser en sábado pola tarde, coas verificacións de 15:00 a 15:45h. e a saida do primeiro participante as 16:00 h. As probas que se celebren en domingo pola mañan terán as verificacións de 9:00 a 9:45 e a saida do primeiro participante as 10:00 h. Por cada minuto de atraso na saida penalizarase con un punto. As competición puntuables para esta copa deberán ter un mínimo de catro zonas a tres voltas e un máximo de oito zonas a duas voltas.

As zonas deberán ter duas variantes: unha para a categoría Alevín marcado con sinais azuis e outra para a categoria Xuvenil marcado con sinais vermellas.

CALENDARIO COPA GALEGA TRIAL INFANTIL 2009
6 XUÑO A CORUÑA TRIAL CLUB CORUÑA
4 XULLO MONDOÑEDO M.C. ENDURO MONDOÑEDO
18 XULLO ALDÁN MOTO CLUB ALDAN
19 SEPTIEMBRE BAIONA P.M. VALMIÑOR

No hay comentarios:

Publicar un comentario